Xabier Díaz, Baiuca, Dios Ke Te Crew ou Rodrigo Cuevas son algúns dos artistas que encabezan o cartel do Festiletras, un festival que chega á súa 40ª edición ofrecendo música e actividades en galego na Aldea do Couto. Do 1 ao 4 de setembro, a cultura en galego é a protagonista da aldea de Ponteceso,…
Idiomas como a lingua sami, o gaélico, o córnico, o euskera e o galego tiñan o seu propio espazo na aplicación IndyLan, un proxecto que naceu co obxectivo de que os usuarios aprendan linguas europeas minoritarias, mais tamén sobre a súa cultura.
IndyLan (Mobile Virtual Learning for Indigenous Languages) é unha ferramenta con máis de 4.000…
Despois do éxito da Tanxugueiras, co tema Terra, no pasado Benidorm Fest, o galego podería ter representación de novo. Entre nomes como La Casa Azul, Ana Mena ou Lola Índigo atópase a coruñesa Hydn, en cuxa proposta musical galego e inglés van collidos da man.
A artista é unha das artistas que optan a estar…
A variedade que nos ofrece a música en galego é infinda, e así o demostran dende Orgullo Galego. Música rap e trap, folk e tradicional, feita por mulleres, destinada aos máis cativos e incluso panxoliñas son algunhas das ideas que ofrecen dende Orgullo Galego para animar a escoitar contido producido na comunidade e na nosa…
As obras A rosa de cen follas e As Romaxes da Franqueira, de Ramón Cabanillas, así como unha Introdución ás Cantigas de Santa María, de Afonso X xa contan cunha nova versión bilingüe, neste caso ofrecendo a literatura galega en xaponés. O tradutor e lingüista Takekazu Asaka foi o responsable destas edicións, que achegarán a…
Fantasía galega elevada ao escenario. Así é como se define Meiga-i, aínda que ao pronunciar o nome, de seguida se estende este a “A drag pandereteira”. Non quedan moitas máis dúbidas detrás da personaxe. Con meiga, a referencia á mitoloxía de Galicia é clara. Co i pódese intuír rapidamente a alusión ao s. XXI, ás…
Quizais coñecer as técnicas de gancho ou cales son os ritmos básicos para tocar a pandeireta. Os intereses poden ser diversos, pero Na Utopía englóbaos para que as persoas máis curiosas poidan aprender en galego. Creada pola deseñadora gráfica Lorena García, Na Utopía nace como a primeira plataforma de obradoiros online integramente en galego, reunindo…
Se hai lugar emblemático en Nova York ese é Times Square, unha praza pola que pasan miles de persoas. E a imaxe das Tanxugueiras apareceu o pasado 21 de xullo na famosa praza á vista de milleiros de viandantes. Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro coroaron un dos rótulos máis famosos do mundo, da…