O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu este luns a presentación do 'Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo. Atención pido señores', un volume elaborado polo musicólogo Xosé Lois Foxo que recompila arredor de medio milleiro de cantos tradicionais recollidos neste territorio ourensán ao longo de máis de sesenta anos, entre 1962 e 2024. O acto…
A sede do Consello da Cultura Galega acolleu hoxe, 21 de novembro, a celebración da XXI Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas Galicia, un encontro anual no que profesorado e centros educativos vencellados a esta rede comparten experiencias e estratexias para o fomento do galego no ámbito escolar. As xornadas deron comezo ás 9:30…
O Consello da Cultura Galega presentou hoxe o libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, un volume colectivo que reúne achegas de especialistas galegos e internacionais arredor dos procesos de construción e negociación das identidades e das ideoloxías lingüísticas en contextos multilingües. A obra forma parte da colección 'Ensaio e Investigación' do CCG e…
O Consello da Cultura Galega reuniu recentemente especialistas do ámbito xurídico, académico e administrativo para afondar nun dos grandes temas pendentes da normalización lingüística: o papel do galego na xustiza e nos servizos públicos. A sesión, integrada no Fórum País coa súa Lingua, procurou ir máis alá do diagnóstico e centrouse na formulación de propostas…
O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu este xoves unha nova sesión do foro ‘Un país coa súa lingua’, centrada nesta ocasión no ámbito da administración, a xustiza e os servizos públicos. A mesa, coordinada pola catedrática Alba Nogueira, puxo sobre a mesa medidas para avanzar cara a unha administración que “lle fale á sociedade…
O Consello da Cultura Galega presentou o proxecto 'Un país coa súa lingua. Foro participativo', unha iniciativa que busca promover un diálogo aberto e plural sobre o futuro do galego en diferentes ámbitos da sociedade. O proceso incluirá sete mesas de traballo e culminará no outono de 2025 cun documento de propostas concretas para avanzar…
O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou o informe 'Competencias e usos das linguas cooficiais en España. O galego en perspectiva comparada', que destaca unha preocupante tendencia á baixa nas competencias lingüísticas en galego entre as xeracións máis novas de Galicia. Elaborado polo Observatorio da Cultura Galega (OCG), o estudo analiza a situación do galego…
O Consello da Cultura Galega (CCG) difunde as conclusións dos 'XXVI Econtros para a Normalización Lingüística. Vivir e perdurar na nosa lingua', organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CSDG), que apuntan un aumento do uso da lingua galega nas prácticas funerarias realizadas no territorio.
Aínda que se manteñen por debaixo das porcentaxes acadadas pola…