O proxecto ‘Modo galego, actívao’ naceu hai catro anos da confluencia entre o Seminario de Sociolingüística da RAG, o Concello de Ames e os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos. A súa premisa é clara, como resumiu Vázquez Grandío: “Quere ser un intento de transcender o diagnóstico e pasar á intervención”. Cada actividade concíbese,…
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro luns, 17 de novembro, ás 19:00 horas, a estrea de Promover o galego dende o local, un documental sobre programas municipais de dinamización lingüística producido por Nós Televisión e financiado polo Concello de Ames. A peza, de 37 minutos de duración, amosa o traballo…
Dende hoxe permanece aberto o prazo de inscrición no Curso de introdución á lingua e literatura galegas que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. A iniciativa, gratuíta e cunha duración total de 20 horas presenciais, está dirixida a persoas migrantes e veciñanza procedente doutras comunidades…
O concurso Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, abre a súa oitava edición, na que busca premiar as mellores regueifas en galego. O prazo para participar remata o 20 de marzo e as persoas interesadas poden inscribirse enviando un vídeo no que, polo…
O programa ‘Modo galego, actívao!’, desenvolvido pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración co Concello de Ames, busca fomentar o uso do galego entre máis de 2.500 estudantes. Na súa terceira edición, a iniciativa amplía o seu alcance ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos institutos de Milladoiro e Bertamiráns, sumándose aos centros…
Real Academia Galega (RAG) presentou, no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía, que se clausura este venres na Coruña, o proxecto para impulsar accións de dinamización lingüstica.
Gabino Vázquez-Grandío, técnico do Seminario de Sociolingüística, presentou, no marco deste encontro, o proceso de deseño e posta en marcha do 'Modo galego, actívao!', a experiencia colaborativa impulsada pola a…
O primeiro encontro para intercambiar valoracións entre representantes da Real Academia Galega (RAG), o Concello de Ames, o profesorado e as familias que participan no programa 'Modo galego, actívao' evidenciaron resultados "moi positivos" tras "21 días de compromiso lingüístico".
A RAG concibiu esta xornada, explicou, como un recoñecemento público á implicación do profesorado, pais e nais e asociacións neste programa,…
Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames é a guía que presentou este luns 6 de xuño a Real Academia Galega, como continuación do Mapa sociolingüístico escolar de Ames que elaboraron en colaboración a RAG e o Concello. Co obxectivo de contribuír á reflexión sobre a situación sociolingüística, a publicación pretende…