As aldeas bercianas de Corullón, Balboa e San Pedro de Olleros convertéronse nas protagonistas de "Fálame sempre", un documental que se estreou o pasado sábado 11 e que retrata a presenza do galego no territorio veciño do Bierzo.
“A fala berciana está morrendo”, explica o director do documental, Umberto Corral, quen naceu en Bembibre e…
Ata o 17 de maio ás persoas que o desexen poderán participar no VII Certame Literario en Galego. Trátase dunha iniciativa promovida polo Centro Galicia del Bierzo para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano recorda ao valdeorrés Florencio Delgado.
O concurso ten como temática deste ano o Camiño de Santiago e…
Edicións Positivas vén de presentar as bases para a convocatoria ao III Premio Morales para a promoción da lingua galega do Bierzo e da Seabra/Sanabria, que ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.
Segundo explican nas bases, pódese concorrer a un total de catro categorías: debuxo inspirado nos versos…
O número de alumnos que estudan galego nos territorios limítrofes de Castela e León aumentou ata 1.115. Así o constatou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na reunión anual de seguimento do programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, asinado por ambos os gobernos autonómicos hai 20 anos.
Así, neste curso…