O Consello da Cultura Galega reuniu recentemente especialistas do ámbito xurídico, académico e administrativo para afondar nun dos grandes temas pendentes da normalización lingüística: o papel do galego na xustiza e nos servizos públicos. A sesión, integrada no Fórum País coa súa Lingua, procurou ir máis alá do diagnóstico e centrouse na formulación de propostas…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este xoves 20 ás 19:00 na aula C01 unha conversa sobre a lingua na que participarán especialistas de distintos ámbitos. O evento, organizado por Erguer, colectivo de estudantes, contará coa presenza de Alba Nogueira, xurista e membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), Elías…