A RAG terán en breve un novo membro de honra, a escritora María Rosa Lojo, que ingresará na Real Academia Galega o mércores 28 de setembro. A autora, unha das figuras máis recoñecidas das letras arxentinas contemporáneas, pronunciará o discurso titulado Unha galega filla en Buenos Aires nunha sesión extraordinaria. Responderalle en nome da institución o presidente Víctor…
A filóloga Ana Boullón ingresará o próximo 11 de decembro na Real Academia Galega como membro de número e ocupará a vacante deixada por Xosé Luís Franco Grande, falecido en marzo do pasado ano.
A Academia celebrará ese día unha sesión extraordinaria pública no Teatro Cinema Elma da Pobra do Caramiñal, municipio natal da filóloga, a partir das 12,30…