Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O investigador bengalí Anik Nandi analiza o papel das familias na supervivencia do galego nunha nova conferencia en Vitoria

A Facultade de Letras da Universidade do País Vasco acollerá o vindeiro 17 de abril ás 11:00 horas, na aula 1.06, a conferencia titulada 'A transmisión interxeracional do galego. Micropolíticas lingüísticas familiares de mantemento e convivencia', impartida polo sociolingüísta e investigador bengalí Anik Nandi. A intervención centrarase na análise das prácticas lingüísticas no ámbito familiar,…

María López-Sández, sociolingüista: “O gran reto do galego hoxe non é a competencia, senón o uso”

A sociolingüista María López Sández , profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, participa como coordinadora do Seminario de Sociolingüística da RAG nun dos proxectos máis destacados de dinamización lingüística no ámbito educativo galego: Modo galego, actívao!. Este programa, impulsado en…

A Deputación de Pontevedra convoca a segunda edición do Premio Castelao de Teatro con 12.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de convocar a segunda edición do Premio Castelao de Textos Teatrais, unha iniciativa que tivo a súa primeira edición en 2025 coincidindo co 75 aniversario do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O certame mantén a súa dotación económica, cun único premio de 12.000 euros, que inclúe ademais a adquisición…

Familias e lingua: Apego ofrece en Pontevedra unha nova oferta para crianzas de 0 a 6 anos

A concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra presentou a nova programación de primavera do proxecto Apego, unha iniciativa dirixida a familias con crianzas de entre 0 e 6 anos que busca fomentar a aprendizaxe e o uso do galego en contextos cotiáns. O programa inclúe un catálogo de máis de vinte actividades que se desenvolverán…