A gala aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesas deu a coñecer as cancións gañadoras da súa edición correspondente a 2025, tras un proceso de votación aberto ao público no que participaron máis de 5.000 persoas. O resultado sitúa a ‘Será por flores’, de Uxía, como Mellor Música do Ano na Galiza, mentres que ‘MENINA’,…
Masakazu Shida (Masa) leva máis dunha década residindo en Ourense, onde chegou por motivos laborais procedente de Xapón. A súa traxectoria profesional comezou no ámbito do deseño de moda, mais actualmente desenvolve o seu traballo como docente de cerámica e olaría na Escola de Artes e Oficios dependente da Deputación. Foi neste contexto vital onde…
A CIG-Ensino vén de presentar unha nova ferramenta dentro da campaña “Eu ensino en galego”, iniciada no comezo do presente curso académico, coa publicación dunha “Guía para a normalización lingüística desde os Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDLG)”, elaborada pola docente Valentina Formoso Gosende.
A iniciativa enmárcase nun contexto que o sindicato…
O certame #Enreguéifate2026 deu a coñecer as primeiras gañadoras desta edición a través das súas redes sociais, comezando pola categoría das “regueifas máis bravas”, que distingue as propostas máis ousadas e creativas. O premio na categoría xeral recaeu nas Regueifeiras do Ciov, de Vigo, polo vídeo titulado “Saúde e lingua!”.
Segundo destacou a organización na…
O Concello de Rois colaborará coa Real Academia Galega (RAG) na elaboración dun mapa sociolingüístico escolar que analizará o uso e as actitudes cara á lingua galega entre a poboación máis nova do municipio. O proxecto, coordinado polo Seminario de Sociolingüística da RAG, supón o primeiro acordo deste tipo cun concello de menos de 5.000…
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) dará un novo paso na súa relación co ámbito literario palestino coa sinatura dun convenio de colaboración coa Unión Xeral de Escritoras e Escritores Palestinos, un acordo que se formalizará coincidindo coa entrega do recoñecemento ao Escritor Galego Universal 2026.
O acto terá lugar no…
As parroquias de Magazos, Landrove e Chavín, no concello de Viveiro, amosan un incremento do uso da lingua galega nas inscricións funerarias, segundo un estudo recente realizado no marco da iniciativa de educación social Palabra e Memoria. O traballo foi desenvolvido por Paula Martínez Vila, estudante de Educación Social na Universidade da Coruña, coa colaboración…
A praza da Quintana, en Santiago de Compostela, acolleu na mañá deste sábado unha asemblea aberta convocada pola plataforma Queremos Galego na que se presentou e someteu á aprobación cidadá o Protocolo Lingua Vital, un documento elaborado ao longo dos últimos meses por 57 entidades de diversos ámbitos sociais, co apoio doutras 396 organizacións. O…