Dani Abeledo falaba castelán ata que na súa mocidade se deu de conta de que toda a xente do seu redor en Lugo falaba en galego na casa, pero dirixíanse entre eles en castelán. Tomouno como algo personal, como unha obriga moral para facer algo pola lingua.
"Cada vez menos, pero si que é verdade que…
Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, convoca o I certame de creación de contidos a través da plataforma Tiktok, co obxectivo de visibilizar e dinamizar a comunidade galegofalante nesta plataforma e "desmontar algúns dos prexuízos que existen contra o galego".
No marco da campaña “O galego vai contigo”, presentada a comezos do mes pasado, a…
Do teatro á videocreación, pasando polo cinema e o humor. As artes poden ser un elemento normalizador poderoso. Esta é a tese que defende o programa dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, unha cita de referencia no debate, reflexión e análise da situación presente e futura da lingua galega.
Un encontro que organiza o Centro…
Paulo Goveia naceu en Angola, pero hai 19 anos decidiu vir a Galicia para traballar na súa paixón: a hostalería e o sector audiovisual.
O portugués como lingua materna axudoulle a aprender o galego, que sente como lingua propia desde que chegou.
Falar galego, para el, foi a mellor maneira de integrarse na nosa sociedade.
Hoxe, a maioría das crianzas están a aprender polo menos unha lingua diferente á súa materna case desde que nacen. "Canto antes introduzamos un bebé nunha segunda lingua, moito mellor, mesmo antes de cumprir o seu primeiro ano, pois eles teñen unha gran capacidade para distinguir os diferentes sons das vocais e consonantes que hai…
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver a favor do recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a decisión da subdelegación do goberno español en Pontevedra de prohibir a denuncia pública da deturpación do nome lexítimo da Toxa na cuarta edición do "Foro La Toja". O TSXG obriga así o goberno…
Xa podes amosar a túa creatividade no Youtube. Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, abriu este martes 27 de setembro o prazo de inscrición para a…
O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por terceiro ano consecutivo co mesmo gallo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok.
A rapazada a partir dos 13 anos…