Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Asociación de Medios en Galego lanza unha guía sobre a historia dos medios na nosa lingua

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) presentou a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego, un novo material educativo destinado ao alumnado de ensino secundario co obxectivo de achegarlles a evolución histórica e o presente da comunicación en galego. A iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, coincide coa celebración…

Alta participación no proxecto ‘Modo galego, actívao!’, que fortalece o uso da lingua en Ames

O proxecto de dinamización lingüística Modo galego, actívao!, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, chega á súa terceira edición con novas propostas para incentivar o uso do galego na infancia e na adolescencia. A iniciativa, que naceu tras o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), busca implicar tanto o alumnado…

Carballo inicia un obradoiro para que os recén chegados poidan familiarizarse coa lingua galega

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo puxo en marcha unha nova edición do obradoiro de acollemento lingüístico, unha iniciativa dirixida a persoas que chegan a Galicia e desexan familiarizarse coa súa lingua e cultura. O curso terá lugar nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 4 de febreiro e…

David, booktoker en galego: “A exploración de contido na nosa lingua é un sinal de esperanza”

A literatura galega atopa novos xeitos de difundirse no ámbito dixital, como é o caso de David, un creador de contido en TikTok que comparte recomendacións literarias en galego desde a súa conta, @dass_slayer. David, quen iniciou esta actividade no verán pasado, utiliza a súa paixón polos libros para promover tanto obras escritas en galego…

CTNL publica os vídeos do décimo LGx15 con ideas para o futuro da lingua galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) compartiu os vídeos da décima edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, celebrada o pasado 26 de outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Os materiais, dispoñibles na canle de YouTube da CTNL e no web lgx15.gal, recollen cinco intervencións enfocadas en experiencias…

A Xunta convoca axudas para a edición de publicacións periódicas en lingua galega

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia anunciou a publicación da convocatoria de axudas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego. Estas subvencións, que se rexen polo procedemento de concorrencia non competitiva, están destinadas a fomentar o uso da lingua galega no ámbito informativo e cultural. A iniciativa conta cun…