Dende o Goberno estatal non atenden as demandas dos veciños de Gondomar porque están escritas en galego. A secretaría de Estado de Telecomunicacións respondeulles ás cartas nas que os gondomareños quéixanse sobre a instalación da fibra óptica alegando que non atenderán ás reclamacións ata que non reparen o “defecto”.
Este feito foi denunciado pola plataforma Gondomar Fibra Xa!, que ademais reprochou o ignoro da Xunta de Galicia. Segundo o colectivo, o Instituto Galego de Consumo rexeitou valorar os escritos contra as operadoras por considerar que non é a súa competencia e derivounas á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, que acaba de comunicarlles que deben traducir as súas cartas, como recolle Faro de Vigo.
Para España SI HAI FRONTEIRAS https://t.co/PGka8AaUiA
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) February 8, 2022
A nova de Faro de Vigo creo bastante polémica en Twitter, onde os chíos con retranca e críticos non tardaron en chegar. “Para España si hai fronteiras” comentaron dende Orgullo Galego en referencia á canción Terra de Tanxugueiras. Esta discriminación lingüística tamén foi denunciada polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. “Non hai ningún ‘defecto’ que ‘reparar’ porque o galego non é ningún defecto“, comentou ademais de anunciar que rexistrarán unha iniciativa no parlamento español.
Tremendo! Non hai ningún ‘defecto’ que ‘reparar’ porque o galego non é ningún defecto. Que a estas alturas a administración do Estado diga isto… @obloque rexistrará unha iniciativa no Congreso. Xa o fixemos para reclamar a fibra, agora tamén pola lingua.https://t.co/L8JvnpmFLP
— Néstor Rego (@NestorRego) February 8, 2022