Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A Real Academia Galega dedícalle o Día da Poesía a Luis Seoane

A Real Academia Galega dedicaralle o vindeiro Día da Poesía a Luis Seoane. A fundación creada para o estudo da obra do artista e escritor (rúa San Francisco, 27 – A Coruña) acollerá o xoves 27 de marzo (19:00 horas) un acto arredor do seu universo creativo cunha ollada interdisciplinaria.

En diálogo coa súa produción, a celebración contará coas intervencións de Xesús Fraga, Helena González, Carlos Negro, Alba Cid, Anxo Angueira, Oriana Méndez, Baldo Ramos e María do Cebreiro. A parte musical correrá a cargo de Tino Baz.

Abrirán o serán o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica María López-Sández, coordinadora da edición que recolle todas as contribucións baixo o título Luis Seoane. Unha ollada interartística desde o exilio e o compromiso. O público asistente será obsequiado coa plaquette, que poderá descargarse ademais na sección de publicacións de academia.gal.

O acto do Día da Poesía é de entrada libre e tamén poderá seguirse en directo desde academia.gal. O programa da Sección de Literatura da RAG conta co apoio do Concello da Coruña.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.