Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“No puedo contigo… cada vez que hablas gallego me pongo enfermo”

Guido Álvarez é guía turístico e dinamizador cultural en Lugo. Un profesional amante da historia y do patrimonio da súa cidade que, ademais, como neofalante, comunica en galego.

Pero, como noutros casos, sufriu o acos nas redes sociais por falar a nosa lingua. “No puedo contigo, a pesar de que soy yo gallego, cada vez que hablas gallego me pongo enfermo”. Estas e outras palabras compoñen unha serie de mensaxes ofensivas que recibiu  no seu Instagram por empregar a lingua galega.

“El gallego es un idioma aislado del mundo” ou “tenían que ilegalizar el idioma gallego, porque no vale para nada”, foron algunhas outras ofensas recibidas. “Parece incrible recibir mensaxes como estas no século XXI, o peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa”, criticou o guía nas súas redes sociais.

Sen embargo, Guido Álvarez non quedou só e contou co apoio de numerosos usuarios das redes que lle amosaron o seu apoio e o rexeitamento as sentencias do anónimo, entre eles o pianista James Rhodes.  “Todo o meu apoio a Guido Álvarez. Que mensaxe máis triste e deprimente”, escribiu.

“Na miña vida recibín tantas mensaxes como hoxe. Non teño palabras. Nunca imaxinei este impacto. Milleiros de mensaxes e comentarios de todo o planeta que recopilarei por son preciosos”, deixou escrito o guía tras o ataque sufrido por falar en galego.

https://www.instagram.com/p/CXWf9_SLzMy/

https://www.instagram.com/p/CXUR7XsrZlG/

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.