Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Hai que vender el percebe como si fuéseis un percebeiro gallego”… a frase que acendeu as redes sociais

“Quiero que me vendáis estos percebes como si fuéseis el mejor percebeiro gallego”. Así arrinca o punto do programa Masterchef que vén de causar polémica entre os afeccionados ao concurso en RRSS. A frase, pronunciada pola presentadora Eva González, foi continuada polos outros dous condutores do programa cun breve sketch no que imitaron o acento galego, unha brincadeira que non gustou a todos os que viron o programa.

O momento concreto do programa, que foi gravado na cidade da Coruña, pode ser consultado en contexto neste enlace, a partir do minuto 01:27:45. Entre as respostas ao programa, que ata o momento non se pronunciou sobre o rexeitamento ao sketch, a palabra que máis se repite é “burla”. Moitos usuarios consideraron unha aldraxe a imitación dos presentadores do programa de prime time da canle pública estatal, entre eles a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.