Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Folclore galego, e asturiano, enchen A Fonsagrada dende este xoves

Dende este 5 ao 7 de decembro, ten lugar en A Fonsagrada a novena edición da súa foliada de inverno. O evento, organizado pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo, está marcado no calendario de todo amante da música e baile tradicional galegos. Contando coa colaboración do Concello e Deputación de Lugo, o tecido ten preparada unha programación completa que abrangue dende a presentación de obras literarias a talleres de pandeireta ou baile.

A sucesión de actividades, que ten como eixo a herdanza cultural galega e asturiana, pon inicio coa realización dunha ruta dos pintores, a partir das 11:00 horas este xoves. Seguidamente, poñen inicio os obradoiros de baile e instrumentos tradicionais, así como a realización dunha butelada.

O venres, a programación segue a mesma estrutura, entre música e actividades pedagóxicas. A xornada con maior oferta de ocio é o sábado, 7 de decembro, que acolle a presentación de Alborada en Vilaquinte así como a mostra da elaboración tradicional da olaría de Buño. A realización dos actos será acollida en diferentes puntos da cidade: carpa de concertos, salón de actos municipal, a Escola Fogar…

O martes pasado tivo lugar a presentación, dende a administración local, do evento. Carlos López, alcalde fonsagradino, quen apuntou como “un orgullo” a proliferación de visitantes na vila, dende asturianos a galegos de toda a autonomía.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.