Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñecendo a represión do galego a través das rúas de Santiago de Compostela

A recente obra do profesor e membro da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, O libro negro da lingua galega (Editorial Xerais) fai un percorrido pola situación do galego dende o s. XVI. Dende a súa publicación o pasado 9 de xuño, numerosas cidades e vila de toda a comunidade acolleron a presentación do libro, unha obra que, como o seu autor indica, ten como obxectivo “transformar o presente mediante o coñecemento do pasado”.

Agora, coñecer a historia da represión do galego tamén foi posible  a través das rúas de Santiago de Compostela, que acolleu un roteiro este xoves 7 de xoves. Tras unha presentación na Libraría Couceiro, os asistentes puideron coñecer os escenarios da represión lingüística na capital galega.O autor, Carlos Callón, tamén estivo acompañado na presentación e no roteiro polo catedrático de Filoloxía Galega, Ramón Mariño Paz; o político e escritor Francisco Rodríguez; e a profesora na UDC e sociolingüista Pilar García Negro.

https://twitter.com/amesanl/status/1542816272630648832?s=20&t=nObLgYgyDoFb1FhJoq9aKg

O libro negro da lingua galega afonda na historia do idioma a través de 15 capítulos a través dos cales se busca desmontar os estereotipos como “a non imposición do castelán sobre o galego, a non existencia de políticas lingüísticas contra o idioma, a persecución exclusiva durante o franquismo e o non impulso da lingua debido á baixa demanda da poboación”, como recolle Nós Diario.

Agora, o libro de Carlos Callón trasládase ás rúas de Compostela para coñecer dende outro punto de vista 500 anos de historia do idioma, tendo como punto de partida a Praza Cervantes, onde se iniciará o roteiro.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.