Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñece a guía do Software en galego

Divulgar e compartir coñecemento sobre aplicacións e computadoras, de xeito libre e en lingua galega. Este é o obxectivo co que nace ‘O Meu PC’, a guía do Software en galego, que publicará un artigo sobre un tema concreto cada 2 días. Leva actualmente 16 e espera chegar a máis de 40 antes de rematar 2022.

“É difícil estar á última en cuestións tecnolóxicas, e máis nun mundo que parece que está acelerando constantemente. Por iso desde O Meu PC pénsase que é preciso ter espazos onde poder atopar información accesible, sinxela, ben documentada, beCoñece a guía do Software en galegon redactada e organizada. E claro que si, por que non, en galego”, preséntanse dende O Meu PC.

Nesta web poderanse atoptar todo tipo de artigos sobre programas e aplicacións, en definitiva, Software que se instala na computadora. Os artigos están ordenados por categorías temáticas que a persoa usuaria pode utilizar para navegar e atopar contidos relacionados. Diríxense, segundo explican, ao público xeral, non técnico, con escasos coñecementos en informática e aplicacións, que necesitan saber máis de todo o mundo que os rodea. Toda a información no Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.