O número de alumnos que estudan galego nos territorios limítrofes de Castela e León aumentou ata 1.115. Así o constatou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na reunión anual de seguimento do programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, asinado por ambos os gobernos autonómicos hai 20 anos.
Así, neste curso…
O Concello de Dodro prepara os actos programados no marco do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un referente da escena literaria e da creación lírica en lingua galega que rende homenaxe ao poeta de Dodro e que, cun percorrido de 34 anos de vida, constitúe un dos certames poéticos máis antigos de Galicia.
A…
250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China participarán do 15 ao 17 de decembro na VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, unha ventá ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensinanza de linguas. Organizado polos profesores José Yuste, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, do Grupo de…
O documental 'Buenos Aires, a capital do libro galego no exilio' é un traballo audiovisual –guionizado, dirixido e producido por Xan Leira– que ofrece un repaso polo traballo da colectividade na diáspora para manter viva a edición en galego.
A cidade de Bos Aires foi, durante as seis primeiras décadas do século XX, un centro…
Os Premios Youtubeiras celebraron o pasado venres 26 de novembro a gala na que entregaron os galardóns da súa quinta edición. Olaxonmario ergueuse como o grande vencedor da xeira ao obter dous dous cinco recoñecementos aos que aspiraba, o de Youtubeira/o e o de Vídeo pola peza Por que é que non entendo o Portugués? Co…
A aplicación 'Galicia Nomeada' incorporou este outono 160.000 microtopónimos recollidos entre os anos 2000 e 2011 polo Proxecto Toponimia de Galicia (PTG). Esta plataforma, creada en colaboración entre a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, púxose en marcha no ano 2019 e ten o obxectivo de recuperar e divulgar topónimos de todo o país.
Con esta última…
A Mesa pola Normalización Lingüística lamentou que o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual atópase "lonxe" da equidade na presenza das linguas cooficiais demandada polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, a entidade en defensa do idioma anunciou accións conxuntas con outras plataformas do Estado para tentar mellorar a norma aprobada este martes.
O presidente da asociación, Marcos…
A filóloga Ana Boullón ingresará o próximo 11 de decembro na Real Academia Galega como membro de número e ocupará a vacante deixada por Xosé Luís Franco Grande, falecido en marzo do pasado ano.
A Academia celebrará ese día unha sesión extraordinaria pública no Teatro Cinema Elma da Pobra do Caramiñal, municipio natal da filóloga, a partir das 12,30…