“Ola, estou aquí! Recíbesme? Parece que si! Antes de nada tes que saber algo importante: estou un pouco nervioso. Contratáronme para contarche a historia da miña vida.” Así se presenta o propio Florencio Delgado Gurriarán na biografía “Son o poeta que cruzou o océano”, elaborada pola escritora Ledicia Costas.
Unha encarga da Real Academia Galega…
Para conmemorar as Letras Galegas 2022, o Cineclub de Bueu ofrecerá durante maio un Ciclo de Cienema en Galego. Cada venres, o Centro social do Mar proxectará filmes feitos en Galicia, nun ciclo composto por catro títulos recentes. Negro Púrpura, Manoliño Nguema, A Virxe Roxa e Eles Transportan a Morte son as películas que chegarán…
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada e nas que están inscritas 2.370 persoas.
Os inscritos, que neste 2022 poden optar a cursos tutorizados e tamén de autoformación,…
A sesión “Ríos subterráneos: puxa nos prexuízos” foi a última dunha Aula Aberta realizada este curso na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense da UVigo. Baixo o lema “á espreita dos ríos subterráneos”, a Aula Aberta fomentou o espírito crítico e o uso do galego, creando un espazo de reflexión e…
As curtametraxes O niño dos Paxaros ou III Marías son algunhas das pezas audiovisuais galegas que se poderán ver na cidade de Xixón do 4 ao 7 de maio, dentro da programación da edición do VIII CortoGijón, que se celebrará na cidade.
Cada ano, o festival ofrece contido audiovisual dun espazo xeográfico concreto dentro da…
Formar unha palabra a través de sete letras, sendo sempre obrigatoria unha delas. Nisto consiste o Pensatermos, un xogo que A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou en marzo, e que estará dispoñible a partir do 4 de maio.
Así o anunciou na súas redes a Mesa, cunha mensaxe que anuncia o día no que o…
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, as rúas de Compostela acollerán a manifestación de Queremos Galego, que cada ano reivindica o galego. Co lema "En galego agora é sempre. Porque un novo futuro para a lingua galega", reclamarán dignidade para o idioma.
A manifestación, que sairá da Alameda e rematará na Praza da…
Máis de 40 sesións de oito actividades variadas é o que ofrece a XI edición de FalaRedes 2022, un programa da Rede de Dinamización Lingüística. Este ano, o FalaRedes2022 céntrase na figura do homenaxeado no Día das Letras galegas, Florencio Delgado Gurriarán.
Entre as actividades, destaca a representación da obra Tras os vieiros de Florencio, que…