Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A música urbana e os novos artistas en galego protagonizan unha xornada sobre o futuro social da lingua

A música contemporánea e a súa capacidade para influír nos hábitos lingüísticos da mocidade centran este martes, 20 de outubro, os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega. A xornada, que se desenvolve na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, reúne artistas de diferentes xeracións e estilos para analizar…

Do odio ao galego nas redes sociais aos cambios na lingua: a USC organiza dúas xornadas en novembro

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará durante o mes de novembro dous encontros científicos dedicados ao estudo das linguas desde diferentes perspectivas. A evolución e os cambios lingüísticos, por unha banda, e a presenza do galego e doutras linguas minorizadas nas redes sociais, pola outra, serán os…

O Consello da Cultura Galega e Alingua investigarán que produtos e servizos en galego precisan as familias

O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estableceron unha nova vía de colaboración para promover o uso e a normalización do galego a través de actividades culturais, materiais divulgativos e investigacións sobre a situación da lingua. A presidenta do CCG, Dolores Vilavedra, e o presidente de…

Das aldeas sepultadas polos encoros aos nomes esquecidos: a RAG analiza este sábado a desaparición da toponimia galega

A transformación da paisaxe galega como consecuencia da construción de encoros, da actividade industrial, das explotacións mineiras ou do desenvolvemento urbanístico non só modifica o territorio, senón que tamén pode provocar a desaparición dos nomes tradicionais cos que a poboación identificou durante séculos os seus espazos. Esta relación entre os cambios ambientais e a perda…

As Neves ten toda a súa microtoponimia por recoller e leva catro anos sen incorporar un só nome a Galicia Nomeada

O concello pontevedrés das Neves afronta unha situación especialmente delicada para a conservación dos nomes tradicionais do territorio: as súas 13 parroquias e 255 entidades de poboación teñen a microtoponimia sen recoller, despois de que o municipio quedase tamén fóra dos traballos de campo desenvolvidos entre 2000 e 2011 polo antigo Proxecto Toponimia de Galicia.…

Boimorto busca recuperar os nomes da súa terra coa axuda de maiores e escolares

A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' fará parada este venres en Boimorto cunha sesión que procurará implicar distintas xeracións na conservación dos nomes tradicionais do territorio. A actividade celebrarase a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura e reunirá alumnado do CPI Armando Cotarelo Valledor, persoas usuarias do Centro de Maiores…