Se sorprende como medran os contidos en galego nas redes sociais, aínda é máis abraiante que estes creadores sexan neofalantes. É o caso de Andy Chichester, que dende a súa canle de Youtube Mira quen fala galego comparte vídeos neste idioma.
Que o galego non ten fronteiras é algo que se demostra cada vez máis,…
Aos seus 26 anos, Jokin Pedreño, do País Vasco, sabe euskera, catalán, xaponés... e galego. A Jokin gústanlle moito as linguas, e aprendelas é un dos seus hobbies, por iso no 2020 decidiu aprender galego. Pero aprender galego tamén veu motivado pola súa vinculación con Galicia, pois a súa avoa era de Ponteareas e súa…
Ao falarmos de odiseas, Sabah é unha auténtica aventureira, das que xa non quedan. Orixinaria de Rabat, Marrocos, fai catorce anos que emprendeu unha viaxe que a cambiaría para sempre. ¿O seu destino? Galicia.
Cando decidiu dar o paso e vir á esquina noroeste, fíxoo coa súa parella. Arribaron a Porto do Son, onde reside…
Paula Sánchez, de 33 anos, é unha mestra de infantil. Lembra os inicios na docencia e como os pequechos reaccionaban de xeito raro cando se dirixía a eles en galego.“Eu cheguei a miña primeira aula de Coruña e vin que os nenos cando eu falaba galego reaccionaban como se estivera falando chinés".
Thomas Hermse é un estadonidense de 24 anos que traballa en Parga, Guitiriz, dando clase de inglés no instituto. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. "Decidín aprendelo porque aquí hai moita xente que o fala e eu quero integrarme na cultura", di.
"Fai tres anos vivía en Madrid…
O pai e a tía de Emanuel Castiñeira, naturais de Vilalba, marcharon á Arxentina, como fixeron moitos galegos. Tamén se foron a este país os avós maternos de Emanuel, que naceu e vive na cidade arxentina de Córdoba.
Ao outro lado do océano, a máis de 10.000 km de Galicia, Emanuel Castiñeira fala galego. El é…
Foi no 2020 cando a coruñesa Belén Puime, que vén de estrear a súa webserie Pringadas, comezou a mudar o castelán polo galego, non sen telo intentado antes.
Puime medrou nun ambiente no que predominaba o castelán: familia, amizades e escola, sendo o galego pouco habitual. A súa infancia recórdaa en castelán, mais foi a etapa…
José Loira ten 40 anos, é de Baiona e é enxeñeiro de telecomunicacións. Comezou a estudar galego hai un ano a través dun curso online e con inmersión lingüística a través das redes sociais e dos medios públicos galegos, TVG e RG.
José Loira decidiu falar o noso idioma porque leu un artigo que dicía que…