A Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo está a levar a cabo un novo volume do libro A lingua galega en 2050. Dentro deste exemplar incluirase o texto do gañador do Premio A lingua galega en 2050 no que fará unha reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados…
Edicións Positivas vén de presentar as bases para a convocatoria ao III Premio Morales para a promoción da lingua galega do Bierzo e da Seabra/Sanabria, que ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.
Segundo explican nas bases, pódese concorrer a un total de catro categorías: debuxo inspirado nos versos…
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación do Profesorado da USC en Lugo, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organiza o ‘Obradoiro de apoderamento lingüístico’ co obxectivo principal de promover a responsabilidade na normalización social do galego como parte do ámbito competencial dos mestres e mestras.
O obradoiro tamén pode resultar de interese…
Os concellos, como autoridades locais, son as institucións públicas que máis preto se atopan do cidadán. Polo tanto, son quen de promover o uso do galego con maior efectividade a través de diferentes accións. Por iso, o Concello de Boiro está a traballar, a través da súa área de Lingua, na redacción dunha ordenanza para…
Este xoves 24 de febreiro comezou o debate no Congreso dos Deputados de Madrid sobre Lei do Audiovisual. Un dos puntos clave desta nova normativa é a inclusión da normalización das linguas minoritarias e minorizadas nas plataformas dixitais. Ás 12:00 0 movemento uníuse en redes sociais baixo o cancelo #AudiovisualEnGalego.
A Mesa de Normalización Lingüística xunto…
A máis movida das festas do galego reinicia a súa actividade coa convocatoria do seu concurso máis importante: o Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio cantidades de ata 1.000 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua.
No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega…
Galicia competirá no Liet Internacional, o "Eurovisión" das linguas minorizas, con "O teu cantar", unha canción promocional do Camiño Inglés de Santiago, composta por Carolina Rubirosa e protagonizada por Julia Baird, irmá de John Lennon.
A peza rende homenaxe a todos os peregrinos do mundo e a Lennon, que nos anos 70 proxectou facer o Camiño…
A Real Academia Galega celebrará as Letras Galegas adicadas este ano ao poeta natural do Vilamartín de Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) cun gran número de actividades. Asi o sinalou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes que destacou a dimensión como poeta e traballador da lingua que emprega o galego das terras de Valdeorras…