Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O pianista James Rhodes e o seu amor por Galicia e o galego: “Acabo de facer dúas entrevistas en galego”

O pianista e escritor James Rhodes sorprendeu nas redes sociais cunha mensaxe en galego. “Teño un resfriado terrible e estou drogado con frenadol e acabo de facer dúas entrevistas en galego”, publicaba o artista na súa conta de Twitter, unha mensaxe moi cotiá que moitos galegos recibiron con alegría. https://twitter.com/JRhodesPianist/status/1518905623164899333?s=20&t=d1YNzIbhB9LPhjpY9fU1BA Porén, non é descoñecido o apego…

O Correlingua volve aos centros escolares

Obradoiros, regueifas, concertos... son algunhas das actividades que recorrerán os centros educativos a través do programa Correlingua. Máis de 20 festas amenizarán as escolas galegas entre maio e outubro, co obxectivo de dinamizar a lingua. Na presentación desta edición, que se celebrou na Deputación de Lugo, o presidente da Asociación Cultural Correlingua, destacou que se sigan…

A Universidade da Coruña impulsa a investigación en galego a través de axudas económicas

A Universidade da Coruña (UDC) convoca axudas á investigación en lingua galega. A bolsa está destinada ao alumando da UDC que defenda teses de doutoramento, traballos, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao. Aquelas persoas interesadas en redactar e defender o traballo en lingua galega, recibirán unha contía económica de entre…