O galego segue a romper fronteiras, desta vez da man de Carolina Rubiosa. A cantante galega, co seu tema O teu camiñar, acadou o segundo posto do Liet Internacional, tamén coñecido como Eurovisión das linguas minoritarias.
Cun total de 118 puntos, a galega só quedou a un punto da gañadora, Doria Ousset, que presentou o seu…
Pode un portugués falar galego?. Esa foi a pregunta que se fixo Leo na súa canle de Youtube Portuguese With Leo . E, coa axuda do presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, que tamén é profesor de portugués na EOI de Santiago, puido ter un coñecementos básicos para tentar falar e ler en galego.
Activismo, mobilización social e pensamento crítico en galego terán un novo espazo, a 13 Editora. Estas temáticas poderán atoparse en galego grazas á Editora 13, nada ao abeiro de ECOAR))) – Espazo de (Contra)discurso, construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social- e que se presentará o vindeiro 14 de maio.
O nacemento desta nova editorial…
Traducir Are you cold? por Es de Friol? é un dos exemplos que están inundando as redes nos últimos días, e que agora tamén teñen a súa versión en galego. Twitter encheuse nos últimos días dunha enxeñosa tendencia: traducir frases en inglés de maneira errónea e cunha fotografía que ilustre esa tradución.
O fenómeno viral…
As aulas e corredores do IES Eduardo Blanco Amor e o IES Rego de Trabe encheranse de galego. De maneira simultánea, os dous institutos de Culleredo participarán nun reto que ten como protagonista o galego. Con #Desafío72h, case 400 alumnos comprométense de maneira voluntaria a falar en galego dende o 10 ao 12 de maio,…
Para conmemorar as Letras Galegas 2022, o Cineclub de Bueu ofrecerá durante maio un Ciclo de Cienema en Galego. Cada venres, o Centro social do Mar proxectará filmes feitos en Galicia, nun ciclo composto por catro títulos recentes. Negro Púrpura, Manoliño Nguema, A Virxe Roxa e Eles Transportan a Morte son as películas que chegarán…
A sesión “Ríos subterráneos: puxa nos prexuízos” foi a última dunha Aula Aberta realizada este curso na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense da UVigo. Baixo o lema “á espreita dos ríos subterráneos”, a Aula Aberta fomentou o espírito crítico e o uso do galego, creando un espazo de reflexión e…
As curtametraxes O niño dos Paxaros ou III Marías son algunhas das pezas audiovisuais galegas que se poderán ver na cidade de Xixón do 4 ao 7 de maio, dentro da programación da edición do VIII CortoGijón, que se celebrará na cidade.
Cada ano, o festival ofrece contido audiovisual dun espazo xeográfico concreto dentro da…