O pasado 11 de xuño o convento de Santa Clara de Pontevedra acollía a entrega de premios da terceira edición dos Premios “Mil Primaveras”, que recoñecen iniciativas levadas a cabo no ámbito da normalización lingüística. Os proxectos CantáMOLA en galego, Twitter e Instagram en galego, o Diccionario galego para boomers, Media Laranxa, Xandobela. Educación e…
Se sorprende como medran os contidos en galego nas redes sociais, aínda é máis abraiante que estes creadores sexan neofalantes. É o caso de Andy Chichester, que dende a súa canle de Youtube Mira quen fala galego comparte vídeos neste idioma.
Que o galego non ten fronteiras é algo que se demostra cada vez máis,…
A Deputación de Ourense vén de presentar unha bolsa de apoio á creación literaria para escritores ourensás, ofrecéndolles estadías en residencias literarias de distintos países europeos. As bolsas, que teñen como obxectivo fomentar o crecemento persoal e a reflexión artística, están organizadas en colaboración coa Residencia Literaria 1863 e foron presentadas o pasado 30 de…
Acentos arxentinos, italianos ou franceses son algúns dos que se escoitan na adaptación de Galicia infinda, o poema do homenaxeado Florencio Gurriarán , elaborada por 17 estudantes de Erasmus en Galicia. Dende a ESN Vigo (Erasmus Student Network), coa participación dos campus de Ourense e Pontevedra, elaboraron un vídeo para celebrar o día das Letras…
A cooficialidade dos topónimos Ría de Ribadeo e Ría do Eo ten, polo de agora, o seu fin, despois de que o Ministerio de Transportes, Mobildiade e Axenda Urbana anulase unha resolución do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) que fixaba a cooficialidade dos dous nomes. Así o fixo saber o pasado 27 de maio a portavoz…
As maxistradas non bilingües foron o problema co que se atopou unha parella de Vigo, que pediu ante o Rexistro Civil poder ter unha cerimonia en galego. O servizo a Liña do Galego, da Mesa pola Normalización Lingüística, vén de recoller unha queixa ante as complicacións de poder celebrar unha voda na lingua oficial de…
Os premios Youtubeiras chega un ano máis para promover a creación de vídeos en galego en Youtube. Despois de cinco anos dando visibilidade á comunidade creadora, Youtubeiras acada a súa sexta edición, na que repartirá 7.500 euros entre os gañadores e cuxo lema é “Para rede, a nosa”
O certame está dirixido a todas as persoas…
A Deputación da Coruña, a través dos XIII Premios de Lingua Rosalía de Castro de Lingua, vén de recoñecer o traballo da escritora María Canosa, da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e do proxecto Brazolinda. O xurado, presidido pola delegada especial para Políticas de Igualdade e Normalización da Deputación da Coruña, outorgou os…