O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrece unha aplicación sobre os xogos tradicionais (descargable como “xogos tradicionais”), que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo…
Chega a oitava edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua.
ESte oitavo LGx15 incluirá oito charlas breves, nas cales se transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos…
Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, convoca o I certame de creación de contidos a través da plataforma Tiktok, co obxectivo de visibilizar e dinamizar a comunidade galegofalante nesta plataforma e "desmontar algúns dos prexuízos que existen contra o galego".
No marco da campaña “O galego vai contigo”, presentada a comezos do mes pasado, a…
O escritor e xornalista Alberto Ramos gañou a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, pola súa obra 'Os Corpos de Romanov. Matthias Lentz'.
Trátase dunha historia na que o azar das relacións humanas xunta unha serie de personaxes, construídos de forma sólida, nos que se reflicten as inquietudes e os traumas individuais…
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver a favor do recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a decisión da subdelegación do goberno español en Pontevedra de prohibir a denuncia pública da deturpación do nome lexítimo da Toxa na cuarta edición do "Foro La Toja". O TSXG obriga así o goberno…
Xa podes amosar a túa creatividade no Youtube. Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, abriu este martes 27 de setembro o prazo de inscrición para a…
O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por terceiro ano consecutivo co mesmo gallo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok.
A rapazada a partir dos 13 anos…
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra prohibiu a manifestación a favor do uso do topónimo galego --e oficial-- de Illa da Toxa convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística con motivo, o vindeiro 29 de setembro, da celebración do IV Foro La Toja - Vínculo Atlántico.
Segundo a resolución da Subdelegación, esta protesta podería "afectar á orde pública" e…