O documental "1981, Ano zero da língua galega" xa se pode ver na rede tras a súa estrea o pasado sábado, 26 de marzo, na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. Trátase dun traballo audiovisual da AGAL (Associaçom Galega da Língua), dirixido por Diego Frey, no que diferentes voces opinan sobre os 40 anos…
O grupo Tanxugueiras publicaba o pasado 5 de abril a súa alianza coa coñecida marca deportiva Reebok, coa que participan nunha campaña publicitaria. A través dunha foto na que as tres artistas galegas visten prendas da marca, deron a coñecer esta colaboración, que combina "o pasado e presente para facer chegar unha nova realidade, sen…
Os faladoiros son espazos de comunicación en lingua galega para quen quixer mellorar a súa competencia oral. Un lugar de aprendizaxe conxunta onde se perfecciona ou se inicia no uso do galego. Os Faladoiros de Vigo levan bastante tempo promovendo o uso da lingua nunha cidade que destaca pola baixa porcentaxe de galegofalantes.
En marzo puideron…
O Concello de Covelo está a apostar pola súa historia, pola toponimia das súas parroquias. O proxecto "Covelo, parroquia a parroquia" será quen poña en valor a microtoponimia do concello. Esta iniciativa arrancara coa edición do libro “Barcia de Mera, notas de toponimia, historia e patrimonio”, que aterrou en Santa Mariña hai uns meses co…
A Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo está a levar a cabo un novo volume do libro A lingua galega en 2050. Dentro deste exemplar incluirase o texto do gañador do Premio A lingua galega en 2050 no que fará unha reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados…
Edicións Positivas vén de presentar as bases para a convocatoria ao III Premio Morales para a promoción da lingua galega do Bierzo e da Seabra/Sanabria, que ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.
Segundo explican nas bases, pódese concorrer a un total de catro categorías: debuxo inspirado nos versos…
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación do Profesorado da USC en Lugo, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organiza o ‘Obradoiro de apoderamento lingüístico’ co obxectivo principal de promover a responsabilidade na normalización social do galego como parte do ámbito competencial dos mestres e mestras.
O obradoiro tamén pode resultar de interese…
Os concellos, como autoridades locais, son as institucións públicas que máis preto se atopan do cidadán. Polo tanto, son quen de promover o uso do galego con maior efectividade a través de diferentes accións. Por iso, o Concello de Boiro está a traballar, a través da súa área de Lingua, na redacción dunha ordenanza para…