Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O premio #DígochoEu recibe propostas audiovisuais do estudantado galego ata o 22 de decembro

Xa pola súa cuarta edición, o concurso #DígochoEu ten aberta a convocatoria deste ano na que lle propoñen ao estudantado galego de Primaria e Secundaria a creación dun vídeo de menos dun minuto sobre un tema próximo á súa contorna. Orixinalidade e innovación son as máximas que propoñen ao estudantado para conseguir, como nas edicións…

“Bicos a Moreas”, a iniciativa dende o estudantado e comercio local estradense para a promoción do galego

Este luns, o colexio O Foxo, en A Estrada, presentou a campaña "Bicos a Moreas", xa pola súa décimo segunda edición, que busca promover o uso do galego a través do reparto de adhesivos deseñados e creados polo alumnado, empregando diferentes debuxos e mensaxes en lingua galega. Neste curso académico, o estudantado realizou un total de…

A Universidade de Vigo publica unha monografía da natureza sociolingüística galega entre a mocidade da Limia Baixa

A investigadora do Instituto Galego da Lingua Reyes Rodríguez Rodríguez vén de publicar, a través da Universidade de Vigo, a monografía sociolingüística A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. A través dunha análise entre a mocidade da zona da Limia Baixa, Rodríguez relata a situación actual da lingua galega, facendo fincapé nas…

O Premio Manuel Beiras recoñecen o uso do galego das empresas Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers

Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…