A escritora María Rei Vilas gañou o premio San Clemente Rosalía-Abanca na categoría de literatura galega pola súa obra "Flores de ferro", unha obra que pon en valor o papel das mulleres durante a Guerra Civil.
O xurado do galardón impulsado desde o IES Rosalía de Castro de Santiago estivo formado por alumnado dunha decena de centros.…
Gonzalo Navaza ingresará na Real Academia Galega como membro de número o vindeiro 5 de novembro, nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no salón de actos da institución, na Coruña, a partir das 12:30 horas.
O filólogo e escritor pronunciará o discurso titulado 'Nomes de persoa na toponimia de Lalín', centrado na súa terra natal…
O xurado da sétima edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta decidiu este xoves, e por unanimidade, concederlle o galardón á obra Cristais rotos, de Álvaro Domínguez. A sesión celebrouse no compostelán Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado por Juan Andrés Fernández e Rosalía Morlán, membros da Fundación Xosé Neira…
O escritor lucense, Lois Pérez, faceta que combina, entre outras coa de profesor, gañou o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. O xurado da XVI edición fíxoo pola súa obra 'A tribo do mar'.
No seu fallo, destaca da obra gañadora as "diferentes voces" para mostrar "un relato que recolle a realidade…
As probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4, 3 e 2 terán lugar os fins de semana do 19 e 20 e do 26 e 27 do mes de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización…
O conto 'A Galiña azul', do escritor galego Carlos Casares, xa conta coa súa versión en ucraíno, editada en colaboración coa fundación do escritor e a Xunta de Galicia para que a mocidade ucraína escolarizada aquí "comparta os valores e a cultura galega no seu propio idioma".
A nova versión, con ilustracións infantís, foi presentada este venres na Cidade da Cultura…
O portavoz de Compromís no Senado, Carles Mulet, criticou que o Goberno non incluíu no proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2023 a partida de 1,6 millóns de euros para a promoción e difusión das linguas protexidas pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e reclama ao ministro de Cultura, Miquel Iceta, que inste o…
Ortigueira é o concello de Galicia con máis núcleos de poboación deshabitados, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, máis dun cento as entidades na actualidade. No que vai de século XXI, a poboación reduciuse un 40 % e hoxe o 46 % dos seus habitantes teñen 60 anos ou máis. A estes preocupantes…