O proxecto audiovisual "Galego para nenos" conta con canles nas plataformas de Instagram, Facebook, TikTok, X e YouTube a través das cales difunde diferentes elementos pedagóxicos e educacionais empregando a lingua galega. Fan a súa presentación en redes sociais como unha nai e un pai que, sen ser "profesionais", víronse motivados á creación e divulgación…
De forma bienal, a Xunta de Galicia convoca tres premios de literatura dramática que, desta volta, levaron as creacións de AveLina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid. Adicados ou vencellados á dramaturxia, dende a súa redacción ata a súa interpretación, os galardoados foron receptores dunha dotación económica que, en conxunto, suma 26.000 euros. Liberdade, Guerra…
O Consello da Cultura Galega (CCG) difunde as conclusións dos 'XXVI Econtros para a Normalización Lingüística. Vivir e perdurar na nosa lingua', organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CSDG), que apuntan un aumento do uso da lingua galega nas prácticas funerarias realizadas no territorio.
Aínda que se manteñen por debaixo das porcentaxes acadadas pola…
As diferentes asociacións conformadoras da Mesa do Audiovisual Galego dentro do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), emiten este luns, 11 de novembro, un comunicado como compromiso, dende as súas competencias e as da administración, a realizar un traballo en favor da creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais en lingua galega.
O escrito…
Neste mes de novembro a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) convida á comunidade educativa a celebrar o XV Día da Ciencia en Galego poñendo o foco nun campo de estudo tan ambicioso e complexo coma fascinante: a astronomía. Unha disciplina que actualmente non se cingue ao ámbito académico senón que esperta interese na socidade en xeral, e…
López Campos augura que o proceso para un acordo "non será rápido", pero confía en que sexa "frutífero" e pide evitar liñas vermellas
A Xunta convocou aos grupos con representación no Parlamento de Galicia --no hemiciclo sentan representantes de PPdeG, BNG, PSdeG e un deputado de Democracia Ourensá (D.O.)-- a unha reunión o próximo día 24…
Coa intención de potenciar a creación literaria en lingua galega, o Concello do Rosal, en colaboración coa Xunta de Galicia, acaba de anunciar o lanzamento do I Concurso de Relato Curto, unha proposta que busca transformar a creatividade en galego nunha actividade lúdica e enriquecedora para toda a veciñanza. Esta primeira edición busca non só…
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de máis de 15.000 euros para que seis entidades sociais de catro concellos da comarca de Pontevedra poidan realizar actividades de dinamización da lingua galega. En total, cada un dos concellos recibirá achegas que oscilan entre os 1.300 e os 3.500 euros para actividades…