Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Que é iso do “galegoleonés”?

Lugo Xornal recolle unha opinión do activista galego-berciano Xabier Lago Mestre sobre a presión do "leonesismo" sobre a identidade galega desta comarca. "Os leonesismos político e cultural sempre trataron de atacar a lingua galega, como foránea á realidade cultural do Bierzo. Fronte a ela, propoñen os chamados dialectos leoneses, confusas falas concretadas no berciano, cabreirés,…

Aproveita o Nadal para agasallar en galego

Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos... A Mesa pola Normalización da Lingüística distribuirá de xeito gratuíto esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra, un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal. "Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o…

“Paletos de pueblo”, “gente cerrada” o “el gallego no existe”… Así atacan ao Arenteiro por tuitear en galego

"INFORMACIÓN Estamos traballando moito para garantizar que o evento se faga aínda mellor do que se fixo na anterior eliminatoria. A información chegará pronto sobre como obter as entradas. Sempre priorizando aos socios/as. Non se están facendo ningún tipo de reservas". Este tuit "inofensivo" do Club Deportivo Arenteiro está xerando unha onda irracional de odio…

O 2023, ano do Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

A Xunta porá en marcha o próximo ano o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, tras o cumprimento de todos os trámites necesarios e as correspondentes audiencias e informacións públicas. Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do observatorio é servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de…

Campaña para que Google Maps ou Apple Maps non deturpen a toponimia galega

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou o lanzamento da campaña 'Polo seu nome', coa que busca mobilizar a poboación pola restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas dixitais. A campaña reclama das compañías de mapas dixitais e navegación a restitución da toponimia nas súas aplicacións, sinalizando os lugares unicamente coas formas galegas, lexítimas e oficiais e…