Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Esta é a autora palestina nomeada coma Escritora Galega Universal en 2025 pola AELG

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) aprobou o nomeamento da escritora palestina Shahd Wadi coma Escritora Galega Universal en 2025. O consello directivo da organización aprobou a decisión este xoves. A AELG sinalou nun comunicado que o recoñecemento se fai dende “o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da alta calidade da súa obra”. Ao mesmo tempo salientaron a súa defensa da “dignidade nacional…

Medran os rexistros da microtoponimia de Carballo tras as xornadas específicas organizadas polo Concello

Remataron as Xornadas de Microtoponimia que organizou, nos xoves de setembro, o Concello de Carballo, abondando a riqueza dos nomes desde diversas perspectivas. Unha delas, o primeiro día (nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, así coñecidas desde esa xornada), foi a presentación da plataforma Galicia Nomeada, a través do seu coordinador, Vicente Feijoo. Grazas ás súas explicación, déronse de alta…

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premia a investigación escolar arredor do entroido e da pesca

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía na entrega dos premios da XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que se celebrou no Museo do Pobo Galego. Este certame de investigación escolar sobre o patrimonio lingüístico e cultural galego é unha iniciativa da Fundación Antonio Fraguas Fraguas coa que colabora a…

A Xunta e Acougo presentan ‘Os Bolechas. Familias acolledoras’

As consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e mais a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), presentaron hoxe o novo proxecto Os Bolechas. Familias acolledoras, un conxunto de materiais dirixidos á xente miúda…

A Universidade de Santiago de Compostela organiza un concurso para fomentar a creación de contidos en galego sobre economía ou empresa

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organizan o concurso “Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa”, que ten como principal obxectivo fomentar a creación de contidos audiovisuais en galego, de carácter divulgativo, sobre economía ou empresa. Poderá participar…

A Xunta adxudica catro bolsas de lectorado de galego nas universidades de Madrid, París, Roma e A Bahía

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua a adxudicación de catro bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas do centros de estudos galegos localizados na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade da Sorbonne Nouvelle de París (Francia), na Universidade Sapienza de…