Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Premios Mil Primaveras 2025: catro proxectos que sementan galego dende a infancia ata a vida diaria

O pasado 8 de abril reuniuse o xurado dos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), para escoller os proxectos galardoados na súa sexta edición. Logo de analizar 36 propostas, decidiu premiar as iniciativas 'Galego para peques', 'Vitamina G', 'Brazolinda' e 'Nodo galego, actívao!'. Estes premios, sen dotación económica,…

O Premio Nortear busca novos talentos en Galicia e o Norte de Portugal

A Xunta de Galicia, xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal e outras entidades colaboradoras, abre a convocatoria para a 11ª edición do Premio Literario Nortear, un certame que busca impulsar a creatividade da mocidade de ambos territorios e fortalecer os vínculos culturais a través da literatura. O galardón está…

“O Dépor é da Coruña”: O IES Rafael Dieste lidera unha campaña pola galeguización do nome do equipo

Un grupo de estudantes do IES Rafael Dieste de A Coruña vén de lanzar un novo reto lingüístico de alcance nacional: conseguir que o Real Club Deportivo utilice o topónimo oficial da cidade a partir da tempada 2025-2026, coincidindo coa celebración do 120 aniversario do club. A campaña, impulsada polo proxecto 'Aquí tamén se fala',…