O Gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro Bugallo, ten desde este sábado unha nova lápida no cemiterio de Soutelo de Montes que lle devolve a voz no idioma no que viviu e no que fixo soar a súa gaita: o galego.
Máis de medio século despois da súa morte, a súa sepultura incorpora agora unha inscrición…
Dende a Universidade de Santiago de Compostela, a estudante Iolanda Gil está a realizar unha enquisa sobre a variación léxica do galego para o seu Traballo de Fin de Grado da titulación en Lingua e Literatura Galegas.
A enquisa está dirixida a aquelas persoas que utilicen o galego como lingua habitual. Non leva máis de 10…
O Validatón 2025, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Proxecto Nós, pechou a súa segunda edición cunha achega de 13 horas de datos de voz en galego á plataforma aberta Common Voice. En total, 10.000 fragmentos de audio foron gravados e validados durante a fase en liña, ás que se sumaron 1.920…
A Xunta de Gobernadores das Escolas Europeas, reunida en Chipre o pasado 8 de abril, deu luz verde á proposta do Goberno español para incorporar o ensino do catalán como Outra Lingua Nacional (OLN) nestes centros educativos europeos. A medida aplicarase exclusivamente ao alumnado de orixe española e será financiada integramente por España, que se…
O pasado 8 de abril reuniuse o xurado dos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), para escoller os proxectos galardoados na súa sexta edición. Logo de analizar 36 propostas, decidiu premiar as iniciativas 'Galego para peques', 'Vitamina G', 'Brazolinda' e 'Nodo galego, actívao!'.
Estes premios, sen dotación económica,…
O 96,7 % das persoas maiores de 14 anos en Galicia declarou ter lido, polo menos unha vez ao trimestre, en calquera soporte ou formato ao longo do ano 2024. Así se recolle no Informe sobre hábitos lectores e compra de libros en Galicia, elaborado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e avaliado esta semana…
O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación asinou este luns o acordo que permitirá empregar o galego, o catalán e o eúscaro nas sesións plenarias do Comité Económico e Social Europeo (CESE), un paso que supón un novo avance na presenza das linguas cooficiais nas institucións europeas.
O acordo chega tras a aprobación…
A Xunta de Galicia, xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal e outras entidades colaboradoras, abre a convocatoria para a 11ª edición do Premio Literario Nortear, un certame que busca impulsar a creatividade da mocidade de ambos territorios e fortalecer os vínculos culturais a través da literatura.
O galardón está…