Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A metade dos servizos de normalización carecen de orzamento propio e o 80 % dos equipos educativos funcionan de forma voluntaria

A rede de Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)mantense en funcionamento en Galicia grazas á profesionalidade e ao compromiso das persoas que as integran, pero precisa con urxencia “estabilidade financeira, mellor gobernanza e coordinación efectiva” para garantir a continuidade da política lingüística de proximidade. Así o recolle literalmente…

Ana Peleteiro celebra o rexurdir do galego entre a mocidade: “Faime moita ilusión ver como se fala cada vez máis”

A atleta galega Ana Peleteiro, campioa europea e unha das deportistas máis destacadas do país, expresou a través das súas redes sociais a ilusión que lle produce percibir un maior uso do galego entre a xente nova. “Estou notando que a xente nova fala moitísimo máis galego”, afirmou nun vídeo que rapidamente se fixo viral.…

O Congreso dos Deputados e a RAG asinan un convenio para traducir ao galego as leis aprobadas pola Cámara

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica. En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…

O mercado das linguas: como o inglés reconfigura o espazo do galego

Os investigadores Miguel Guisantes e Estela Fidalgo, a partir do seu artigo ‘Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística’, debuxan un panorama no que a hexemonía do inglés, a mercantilización das linguas e o Decreto 79/2010 de plurilingüismo conforman un ecosistema que despraza o galego e condiciona o acceso en igualdade ao capital…

“Non comparar, senón compartir”: as autonomías con linguas propias reclaman máis apoio estatal

A promoción das linguas cooficiais entre a mocidade e a súa presenza nos ámbitos económico e xudicial foron algúns dos principais temas abordados este mércores en Santiago na reunión anual da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística. No encontro participaron representantes de Euskadi, Cataluña e Illas Baleares, mentres que…

Máis de mil achegas cidadás e expertas marcan a renovación do Plan de normalización lingüística

A Xunta de Galicia recibiu máis de mil achegas no proceso aberto para actualizar o Plan xeral de normalización da lingua galega, segundo anunciou este martes o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha rolda de prensa celebrada en Santiago. O responsable autonómico explicou que as propostas chegan tanto das once comisións de traballo formadas…