O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver a favor do recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a decisión da subdelegación do goberno español en Pontevedra de prohibir a denuncia pública da deturpación do nome lexítimo da Toxa na cuarta edición do "Foro La Toja". O TSXG obriga así o goberno…
Xa podes amosar a túa creatividade no Youtube. Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, abriu este martes 27 de setembro o prazo de inscrición para a…
O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por terceiro ano consecutivo co mesmo gallo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok.
A rapazada a partir dos 13 anos…
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra prohibiu a manifestación a favor do uso do topónimo galego --e oficial-- de Illa da Toxa convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística con motivo, o vindeiro 29 de setembro, da celebración do IV Foro La Toja - Vínculo Atlántico.
Segundo a resolución da Subdelegación, esta protesta podería "afectar á orde pública" e…
Lea ( 12), Xio (8) e Maio (4) son os tres nenos, fillos de Miguel González Szamocki (Bristol, 1980) e María López Álvarez (Boal, 1982). Creceron nunha contorna bilingüe na que o seu pai fálaslle en inglés e a súa nai en galego, aínda que todos entenden os dous idiomas sen problema, ademais do castelán…
A Xunta de Galicia arrinca o festexo do Día Europeo das Linguas --que se celebra cada 26 de setembro-- cunha serie de actividades dentro do Festival Maré, Músicas e Artes Atlánticas 2022.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destaca que este día demostra que todos os idimas "son importantes e útiles, independentemente do número…
A segunda edición dos Premios #DígochoEu da CRTVG xa ten aberto o prazo de inscrición, a través da súa páxina web, ata o 28 de outubro.
Segundo indicou a CRTVG, no certame poden participar os ciclos de educación primaria e Secundaria dos centros escolares de Galicia, así como os de fóra que impartan a lingua galega.
"Fala…
Nada na India, pasou a súa mocidade en Valencia e converteuse en nómada ao asentarse en diferentes lugares do mundo por perseguir o seu soño: a música.
Yamini Prabhu, pianista e cofundadora do grupo de música Samudra Trío, chegou a Galicia hai sete anos e sempre tivo claro que aquí tiña que falar a lingua do…