Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 249-256 posts

Acoller a través do galego: así funciona o programa que une veciñanza e persoas migrantes en Santiago

O Concello de Santiago leva dúas décadas desenvolvendo políticas activas de acollemento lingüístico para facilitar a integración das persoas chegadas doutras comunidades e países. No XXVII Encontro para a Normalización Lingüística, celebrado este martes no Consello da Cultura Galega, Marta Besada Otero, do Departamento de Lingua Galega, explicou o funcionamento dos obradoiros de acollemento lingüístico…

Un cocho, unha ecofeminista e un dependente de gasolineira: así é ‘Lola, Porco & Paco’, a serie galega que chegou ao Cartoon Forum 2025

A produtora Undodez Producións, dirixida por Álvaro Pérez Becerra, presentou no Cartoon Forum 2025, en Toulouse, o seu primeiro proxecto de animación: Lola, Porco & Paco. Trátase dunha serie de animación 2D composta por oito episodios de doce minutos, creada por Andrés Mahía, Xosé Castro e Xosé Antonio Touriñán, con Laura Mahía como guionista. A proposta…

A metade dos servizos de normalización carecen de orzamento propio e o 80 % dos equipos educativos funcionan de forma voluntaria

A rede de Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)mantense en funcionamento en Galicia grazas á profesionalidade e ao compromiso das persoas que as integran, pero precisa con urxencia “estabilidade financeira, mellor gobernanza e coordinación efectiva” para garantir a continuidade da política lingüística de proximidade. Así o recolle literalmente…

Ana Peleteiro celebra o rexurdir do galego entre a mocidade: “Faime moita ilusión ver como se fala cada vez máis”

A atleta galega Ana Peleteiro, campioa europea e unha das deportistas máis destacadas do país, expresou a través das súas redes sociais a ilusión que lle produce percibir un maior uso do galego entre a xente nova. “Estou notando que a xente nova fala moitísimo máis galego”, afirmou nun vídeo que rapidamente se fixo viral.…

O Congreso dos Deputados e a RAG asinan un convenio para traducir ao galego as leis aprobadas pola Cámara

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica. En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…