O CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños será o primeiro destinatario do Premio ‘Na lingua que eu falo’, creado pola Real Academia Galega (RAG) para recoñecer iniciativas que fomenten o uso e a transmisión do galego entre a infancia. O acto de entrega celebrarase o 17 de novembro no centro cívico de Malpica, a carón…
A plataforma Queremos Galego denunciou esta mañá que os orzamentos da Xunta para 2026 “confirman que o Goberno galego non ten intención de enfrontar a emerxencia lingüística”. O voceiro da entidade, Marcos Maceira, advertiu en rolda de prensa que “a ausencia de calquera referencia á lingua na lei de medidas fiscais que acompaña os orzamentos,…
A Escola de Neofalantes, iniciativa cultural posta en marcha a comezos deste ano en Lourenzá, vén de anunciar unha nova edición do curso ‘Galego para Neofalantes’, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender a lingua galega e acadar a competencia necesaria para obter a certificación Celga.
O programa combina formación lingüística e actividades de…
O Teatro Principal da Estrada acolleu este martes o acto de entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística 2025, coincidindo coa festividade do patrón local. O evento, que cumpre trinta e cinco edicións, reuniu representantes institucionais, premiados e público nunha xornada de celebración arredor da lingua galega.
Os galardoados desta edición foron o espazo…
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, encabezou no Pazo de Raxoi a presentación da nova edición de ‘Reguéifate’, un programa que promove o uso do galego a través da tradición da improvisación oral. No acto participaron tamén o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Normalización Lingüística de Arzúa, Lucía López Sobrado;…
Christian Lucas (@ elvenegalle) chegou a Galicia hai unha década, procedente de Venezuela, o país onde naceron el e os seus irmáns despois de que os seus pais, emigrantes portugueses, fixesen daquel territorio o seu fogar. “Son venezolano cen por cento, aínda que con sangue portuguesa”, explica cando fala da súa orixe, que resume como…
O proxecto ‘Modo galego, actívao’ naceu hai catro anos da confluencia entre o Seminario de Sociolingüística da RAG, o Concello de Ames e os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos. A súa premisa é clara, como resumiu Vázquez Grandío: “Quere ser un intento de transcender o diagnóstico e pasar á intervención”. Cada actividade concíbese,…
O proxecto ‘Aquí tamén se fala’, impulsado por alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña, foi distinguido este xoves co Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Lingua, un recoñecemento ao seu labor de dinamización e promoción do galego entre a mocidade e no tecido social próximo.
A campaña, que comezou como unha iniciativa…