Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
Nun libro publicado hai uns meses no que colaborei, eu citaba un texto de Manuel Sanchis Guarner de 1974 para ilustrar o que para min constitúe un dos grandes cambios sociolingüísticos que aconteceron no mundo contemporáneo: a progresiva desaparición das sociedades monolingües. Recorro novamente á literalidade do que…
Dende o Goberno estatal non atenden as demandas dos veciños de Gondomar porque están escritas en galego. A secretaría de Estado de Telecomunicacións respondeulles ás cartas nas que os gondomareños quéixanse sobre a instalación da fibra óptica alegando que non atenderán ás reclamacións ata que non reparen o "defecto".
Este feito foi denunciado pola plataforma Gondomar…
Escritore e creadore de contido nas redes con máis de 2.300 subscricións á súa canle de YouTube, Nee Barros converteuse en neofalante de galego cando iniciou o bacharelato en Pontevedra. Ata daquela, se ben elu tiña vontade de emprender ese cambio lingüístico, a hostilidade do ambiente na primaria e a ESO complicáballe dar o paso.…
A Real Academia Galega celebrará as Letras Galegas adicadas este ano ao poeta natural do Vilamartín de Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) cun gran número de actividades. Asi o sinalou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes que destacou a dimensión como poeta e traballador da lingua que emprega o galego das terras de Valdeorras…
O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) presentou a súa nova versión 4.0. Unha versión con máis de 43 millóns de palabras en galego. O CORGA, que abrangue dende 1975 ata a actualidade, ten como obxectivo fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica ou comunicativa,…
Carmen del Río Ferreiro ten 22 anos. É unha xornalista de Ordes que ten claro porque decidiu mudar de idioma. Foi cando tiña 16 anos e comezou o Bacharelato. "Cambiei de idioma porque me sentín identiticada sempre coa cultura galega. Non tiña sentido falar castelán cando a sentía como unha lingua allea", lembra.
Asegura que a…
A Universitat Oberta de Catalunya impulsa un certame de vídeos para animar ás mulleres a cursar estudos do ámbito STEM. Os audiovisuais poderán presentarse en castelán, catalán, éuscaro ou galego e serán avaliados de cara a de tres categorías: dúas dirixidas a escolares e unha para adultos. Así o veñen de apuntar dende a institución catalana e…
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo convocou, co apoio do SNL da USC, o concurso de vídeos 'Petiscos de ciencia' para "achegar a actividade científica á mocidade", ademais de para "favorecer a divulgación en lingua galega dos contidos do labor que desenvolve a comunidade investigadora".
O certame, tal e como informa…