Desde que o multimillonario Elon Musk lanzou unha OPA de 41.000 millóns de euros para facerse co control de Twitter, outra plataforma social, Mastodon, experimentou un notábel incremento no seu número de usuarios e usuarias, miles migrados desde a rede do paxaro azul a estoutra ‘gobernada’ por un mamut. Pero Mastodon non é unha plataforma…
Se o teu bar de confianza ofrece prensa en galego ou podes ler na nosa lingua na túa taberna preferida, dáo a coñecer! A iniciativa #BaresEnGalego recolle os locais de hostalaría que ofrecen prensa en galego, para así poñer en valor o xornalismo feito na lingua da comunidade e apoiar o galego “os 365 días…
Ao falarmos de odiseas, Sabah é unha auténtica aventureira, das que xa non quedan. Orixinaria de Rabat, Marrocos, fai catorce anos que emprendeu unha viaxe que a cambiaría para sempre. ¿O seu destino? Galicia.
Cando decidiu dar o paso e vir á esquina noroeste, fíxoo coa súa parella. Arribaron a Porto do Son, onde reside…
Paula Sánchez, de 33 anos, é unha mestra de infantil. Lembra os inicios na docencia e como os pequechos reaccionaban de xeito raro cando se dirixía a eles en galego.“Eu cheguei a miña primeira aula de Coruña e vin que os nenos cando eu falaba galego reaccionaban como se estivera falando chinés".
Galicia participa coa canción AI-LALELO no AI Song Contest, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial, que terá lugar o vindeiro 6 de xullo en Liège (Bélxica). A candidatura está formada por un equipo multidisciplinar de seis artistas, enxeñeiros, investigadores e músicos galegos que teñen o obxectivo de promover a lingua e cultura de…
Outeiro, Martín ou Eanes son apelidos galego, mais teñen as súas formas en castelán, cunha maior presencia entre a poboación galega, como tamén a ten o uso de "sanbenito", para referirse a algunha eiva. A predominancia das versións en castelán gañan terreo, o que provoca que haxa apelidos e nomes galegos que se estean a…
Galego, éuscaro e catalán contarán cun informe bianual sobre a situación das respectivas linguas, así como unha mostra multidisciplinar para visibilizar a cultura creada arredor destes tres idiomas. Representantes do Consello da Cultura Galega, o Insitut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Instituto Cervantes propuxeron esta acción conxunta para poñer en valor as…
A Real Academia Galega proporá á Xunta de Galicia que recolla no Nomenclátor revisado un cambio de grafía no nome da parroquia carballesa de Berdillo, ata agora escrito oficialmente con B. O Seminario de Onomástica da institución determinou, logo dun demorado e completo estudo, que as atestacións gráficas históricas autorizan a propor que pase a escribirse Verdillo, con V.…