Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A ultradereita ataca o galego e aos que falan en galego como na época de Franco

O antigaleguismo volve as rúas, neste caso á comarca de Limia a través duns cartaces onde se pode ler “Paletolandia“, “Solo en español“, “Viva Madrid” ou “18/07/1936-23/7/2023“, esta última facendo referencia ao inicio da Guerra Civil en España e á data das próximas eleccións xerais que terán lugar este domingo 23.

A alarma sobre estes cartaces foi dada por un usuario de Twitter que acompañaba as imaxes co seguinte texto: “Apareceron estes cartaces en varias estradas da comarca da Limia… esto é intolerable“. O resto de usuarios tampouco aprobaban este comportamento e nos comentarios do citado mensaxe deixaban cosntancia, algún con retranca e outros con enfado, a súa mágoa porque se teña que seguir vendo este tipo de accións completamente discriminatorias.

Nun dos comentarios tamén se podía ler como un home daba testemuña de que “o sábado estaban un grupo deles berrando “Que te vote Txapote” nun bar, os donos chamáronlles a atención e eles berráronlles ‘follacabras‘ e ‘paletos‘”, conta este usuario.

A galegofobia segue vixente e vese alimentada por ideoloxías fascistas como as que promoven algúns partidos nestas eleccións e que, por desgraza triunfan en pleno século XXI.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.