Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Instituto Gallego de Estudios Carballineses, 25 anos en lingua galega

Nun acto desenvolto o sábado, 14 de decembro, foi celebrado o acto de presentación das publicacións, coincidindo co seu 25 aniversario, realizadas durante o ano 2024 polo Instituto Gallego de Estudios Carballineses.

Na cita amosáronse a segunda edición da obra A Vera Cuz de Antonio Palacios, premiado coa última entrega do galardón Antón Losada Diéguez; A poesía inédita de Rafael Melero e o libro 150º aniversario de Antonio Palacios. Asemade, foi presentado o número 42 da publicación en formato de revista Ágora de Orcellón.

Exaltación de O Carballiño

Na cita estivo presente Valentín García, secretario xeral da Lingua, en representación da Administración galega, colaboradora no proceso editorial e de publicación das obras. Na súa intervención exaltou o “trabajo riguroso que sitúa en el mapa cultural y científico gallego O Carballiño y toda su comarca”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.