O programa anual ‘Outono Gastronómico’, impulsado dende Turismo de Galicia, espertou nesta décimo oitava edición un gran interese entre as usuarias e usuarias das redes sociais. A través de creadores de contido, ou ‘Embaixadores de Galicia‘, foi impulsado o produto autóctono mediante diferentes actividades e accións coa gastronomía da terra como protagonista. O alcance obtido foi de 1.478.746 novos seguidores e 3.107.292 visualizacións, das cales se contabilizaron 10.043 corazóns así como 1.114 comentarios.
Estancias e menús gastronómicos nas catro provincias
No convocatoria presente, a dinámica abriu as portas a propostas de creadores de contido que buscasen colaborar na promoción do turismo rural e a campaña ‘Outono Gastronómico 2024’ de Galicia. Coa realización dun vídeo dinámico, os seguidores de Turismo de Galicia puideron optar a participar na edición, que segue a se desenvolver ata o 15 de decembro entre as 77 casas rurais das catro provincias galegas que ofertan paquetes gastronómicos especiais, estancias e actividades paralelas.