Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Consello da Cultura Galega e profesionais do social e audiovisual abordan o discurso machista no ocio e redes sociais

Este 21 de novembro, o Consello da Cultura Galega organiza o ciclo “Novos relatos da violencia machista” cunha xornada de faladoiros, mesas redondas e a proxección do documental Cosas de hombres. O evento busca abordar a “narrativa misóxina” que tenta sumar vulnerabilidade á percepción da figura feminina e que é perceptible nos diferentes eidos vitais da sociedade: cultura, vínculos, ocio

En conmemoración do 25N, a institución e diferentes tecidos relacionados co colectivo feminino ‒dende profesionais da psicoloxía a creadoras de cultura con perspectiva de xénero‒. Algunhas das temáticas que serán analizadas son a actitude da mocidade ante as violencias, as diferentes tipoloxías de masculinidades ou o machismo perceptible nos contidos de ficción.

Hora e lugar

A inscrición é gratuita, cun máximo de cen prazas a ser cuberto. As sesións serán iniciadas a partir das 9:45 horas da mañá nas instalacións do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.