Derogar o decreto do plurilingüismo. Ese é un dos obxectivo que o BNG mantivo na xuntanza deste luns, 11 de novembro, con integrantes da Real Academia Galega. Así llo trasladou a portavoz nacional Ana Pontón ao director da institución, Víctor F. Freixanes, ademais de diferentes propostas para motivar o uso da lingua galega tras a difusión dos resultados do último informe realizado polo Instituto Galego de Estatística ao respecto.
A nacionalista estableceu tres liñas de acción: a derrogación do decreto de plurilingüismo nas aulas galegas ―á que vencellou o desuso do idioma por parte do 52% da xeración educada baixo este regulamento―, a aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobada no Parlamento e a tipificación dos recursos económicos destinados ás políticas de impulso da lingua. Toda a noticia en La Voz de Galicia.