A edición número XXXIII destes premios, que concede o Concello da Estrada, recoñece o labor de promoción e normalización da lingua galega
Os gañadores desta edición son Pastelería Mimela da Estrada levou o premio ao eido da comarca Tabeirós- Terra de Montes. O motivo? “A súa proxección publicitaria e a normalización da terminoloxía pasteleira”
No ámbito galego o premio recaeu no exitoso programa da TVG «Dígocho Eu», por achegarlle á mocidade as pautas normativas do galego a través das novas tecnoloxías e as redes sociais.
E finalmente no que recoñece a un labor de normalización exercida ao longo dunha vida o recoñecemento recae no obradoiro de gaitas García de Riobó, que que recoñece o traballo deste taller artesán da gaita que se remonta a finais do século XVIII, e que chega xusto no momento no que este negocio ven de anunciar o seu peche definitivo, poñendo unha coda de honra á súa despedida logo de 200 anos de tradición.
O xurado acadou estas decisións por unanimidade e os premios entregaranse nun acto o vindeiro 15 de novembro ás 20:30 h no Teatro Principal da Estrada.