Ana Isabel Novoa López naceu en Venezuela pero creceu na Limia.
Comezou a falar en galego polo seu traballo e agora afirma que “pensa e sente en galego”.
Di que é importante falar galego “porque é parte da nosa cultura” e loitar contra o estigma como o que tiñan os seus pais, que crían que o galego “era inútil” e avergonzábanse del porque así llelo impuxeron naquela época.