Simón Rodríguez é xestor cultural. Ten 27 anos, natural de Venezuela, leva en Lugo dous anos e medio. Leva estudando galego dous anos porque ten que ver coa construción da súa indentidade como galego. “Nacín noutro sitio pero agora vivo aquí e síntome galego“, indica porque falar galego faino sentir “máis galego”. “Tamén lle fai ilusión aos meus avós paternos que fale en galego e que me atope coas miñas raíces“, engade.
“O galego é unha lingua minoritaria, perseguida e está nunha desventaxe abraiante con respecto co castelán. Se non facemos e creamos en galego, a lingua acabará morrendo”, di. Por iso aposta por defendela porque “forma parte da identidade cultural”, conclúe.