O proxecto ‘Voces Centenarias‘ do Consello da Cultura Galega (CCG) permite escoitar, na súa nova entrega, a voz da actriz galega de teatro María Casares. As gravacións, explica o CCG nun comunicado, proceden da Colección Afundación e do Círculo das Artes de Lugo, que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia.
O primeiro corte é de 1957, cando Casares realiza unha xira por América Latina co Théâtre National Populaire de Jean Vilar. Entre as cidades visitadas está Buenos Aires, onde comparte “sentidas xornadas” con figuras relevantes da colectividade galega.
O segundo dos fragamentos tamén é desa xira e consiste no recital de ‘Cántiga’, o primeiro poema en galego de Curros Enríquez que aborda a emigración e a separación. O terceiro dos cortes é de 1963, cando a discográfica CBS de Buenos Aires edita o disco ‘Amor divino. Amor humano’, unha selección de poesía española na voz de María Casares, acompañada polo coro Lagun Onak e a guitarra de Roberto Bergonzi. Toda a información en Galicia Confidencial.