A Xunta abriu unha convocatoria para fomentar os servizos lingüísticos. A subvención destinará un total de 350.000 euros para gastos que se realicen no ámbito local entre o xaneiro e o 15 de outubro do 2022.
Con esta nova convocatoria, Xunta pretende promover o uso do galego no ámbito local, así como promocionar o desenvolvemento de programas de dinamización lingüística.
As axudas van dirixidas a proxectos de diversa índole que impulsen o uso do galego no ámbito local, como pode ser o deporte, a mocidade ou a perspectiva de xénero. Ademais, premian ás solicitudes presentadas de forma conxunta por varias entidades, que verán incrementada a súa puntuación final. Máis información en Galicia Confidencial.